A Mancomunidade Serra do Barbanza dentro do proxecto Implatación da compostaxe doméstica e comunitaria (Expediente R156.1) levará a cabo unhas xornadas divulgativas nos concellos de Brión e Carnota os días 26 e 27 de novembro de 2019.
As xornadas levaranse a cabo nos días seguintes:
CONCELLO DE BRION:
DATA XORNADA: 26 de novembro de 2019, de 19:00 a 20:30 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente de Brión.
CONCELLO DE CARNOTA:
DATA XORNADA: mércores 27 de novembro ás 19:00 h.
LUGAR: Salón de plenos do concello.”
O obxetivo das xornadas é a concienciación en materia de reciclaxe e a implantación da compostaxe doméstica e comunitaria. Deste xeito, a Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza quere apostar pola compostaxe doméstica como modelo complementario á xestión da materia orgánica xerada polos fogares e desta forma desenvolver unha experiencia que permita avaliar a posible implantación do modelo nos fogares unifamiliares dos Municipios da Mancomunidade.
Os participantes beneficiaranse das vantaxes que supón a compostaxe doméstica, entre outras a obtención dun fertilizante natural, compost, con excelentes propiedades para o xardín, hortos e terras de cultivo que, ademais permite facilitar o peche do ciclo completo da reciclaxe e a recuperación dos residuos orgánicos.
Nas mesmas entregarase aos asistentes de xeito gratuito composteiros/cubos aireados e daranse as indicacións oportunas para o seu uso. Realizarase un seguimento a través de visitas “porta a porta” aos fogares participantes co obxectivo de avaliar o grao de participación da veciñanza, liquidar dúbidas, corrixir malas prácticas e advertir dos erros máis comúns.
Na semana seguinte as xornadas serán nos concellos de Noia e Porto do Son.