Acompañando a 86.000 habitantes no seu día a día para ofrecerlles a mellor calidade sobre os servizos xestionados.

Reciclaxe

No ano 2003 fúndase o Complexo Ambiental Serra do Barbanza cuxa misión é conseguir o aumento das taxas de reciclaxe e maximizar o respecto ao medio ambiente. Para iso, realízase a xestión integral de todos os residuos domésticos dos nove municipios a través da compostaxe da materia orgánica e a recuperación dos diferentes materiais para a súa reciclaxe.

Recentemente fíxose público o borrador da lei de Residuos e Solos Contaminados de Galicia, cuxo obxectivo é transformar a sociedade favorecendo o coidado do medio ambiente e a loita contra o cambio climático. En termos porcentuais, a entrada en vigor desta lei pretende acadar unha cota dun 65% de reciclaxe de envases para o 2025 e dun 70% en 2030.

O Complexo Medioambiental de tratamento de residuos sólidos urbanos (RSU) e asimilables que da servizo á Mancomunidade Serra do Barbanza foi inaugurada en setembro de 2003 e está baseada en dous piares:

  • A elaboración de compost mediante o tratamento da materia orgánica
  • Reciclaxe dos envases

Ademais, na planta tamén se efectúa a recollida de “voluminosos” para a súa reciclaxe. Por exemplo, os mobles procésanse para conglomerar e outros elementos coma electrodomésticos ou ordenadores se reciclan.

No caso de tratamento de plásticos, procésase e posteriormente é separado en catro categorías diferentes atendendo á calidade e densidade do mesmo (PET, plástico mezcla, PEBD -baixa densidade-).

Para o tratamento da materia orgánica realízase o proceso coñecido coma compostaxe. Mediante a degradación dos residuos cun  proceso vía aerobia (aire e auga) consíguese o compost, un composto estable. O resultado é válido para a agricultura que se vende posteriormente.

Para que os profesionais que traballan na planta de Lousame consigan efectuar estes procedementos correctamente é esencial o compromiso da cidadanía da Mancomunidade Serra do Barbanza ca correcta separación dos residuos nos diferentes contedores que teñen á súa disposición.

Reciclaxe