Acompañando a 86.000 habitantes no seu día a día para ofrecerlles a mellor calidade sobre os servizos xestionados.

Recollida de lixo

Diariamente realízase a recollida de lixo nos diferentes municipios (nove en total) que conforman a Mancomunidade Serra do Barbanza.

Para iso contamos cunha frota que ano tras ano vai aumentando para adaptarse ás necesidades actuais e ofrecer o mellor servizo á cidadanía.

A recollida realízase dun xeito selectivo, atendendo aos criterios de reciclaxe que permiten á cidadanía separar o lixo en diferentes contedores. Grazas áo servizo de recolleita selectiva de residuos, os veciños e veciñas da Mancomunidade Serra do Barbanza teñen a oportunidade de reciclar e implicarse na conservación do medio ambiente e da contorna.

Actualmente, na Serra do Barbanza pódense atopar os seguintes contedores:

  • Orgánico: Restos de comida e outros refugallos biodegradables.
  • Inorgánico: Materiais plásticos coma bricks ou latas.
  • Papel e cartón: Caixas, cartón pregado, libros…
  • Vidro: Botellas e tarros de cristal.

Actualmente, en Galicia existen tres modelos de xestión de recollida de lixo: o Nostián, que trata os residuos da área metropolitana de A Coruña; o Sogama e o da Mancomunidade Serra do Barbanza, que inclúe nove concellos. Estes son: Lousame, Muros, Noia, Porto do Son, Brión, Carnota, Pontecesures, Rois e Ames.

O total de poboación incorporada ao servizo da Mancomunidade Serra do Barbanza é, segundo datos de 2009, de máis de 85.600 persoas. Esto é, un 3’1% do total da poboación de Galicia.

A planta de tratamento que da servizo á zona do Barbanza está situada en Lousame.

Grazas á planificación loxística e un persoal experientado, o servizo de recollida funciona correctamente día tras día en toda a extensión da Mancomunidade Serra do Barbanza.

Recollida de lixo