A Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza ven de adquirir 115 contenedores de 800 l, subvencionados ao abeiro da ORDE do 19 de decembro de 2019, pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2020, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia, destinadas a Entidades Locais de Galicia da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia número 11 do 17/01/2020.
Esta adquisición, levada a cabo tralo oportuno expediente de licitación ao abeiro da lei 9/2017 de 8 de novembro, enmarcase dentro do programa de renovación de contenedores recollido no contrato asinado no seu día entre FCC e a MANCOMUNIDADE SERRA DO BARBANZA e ten como finalidade a millora na prestación do servizo. Nos próximos días procederase á recepción de contenedores de 360 litros, tamén adquiridos con cargo á devandita Orde de 19 de decembro do 2019 e polo tanto subvencionados polo Fondo de Compensación Ambiental.