Acompañando a 86.000 habitantes no seu día a día para ofrecerlles a mellor calidade sobre os servizos xestionados.

A Mancomunidade adquire 56 contedores de papel/cartón, con cargo ao fondo de compensación ambiental 2020

A Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza ven de adquirir 56 contenedores de papel/cartón, subvencioandos ao abeiro da ORDE do 19 de decembro de 2019, pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2020, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia, destinadas a Entidades Locais de Galicia da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia número 11 do 17/01/2020.

Esta adquisición, levada a cabo tralo oportuno expediente de licitación ao abeiro da lei 9/2017 de 8 de novembro, enmarcase dentro do programa de renovación de contenedores recollido no contrato asinado no seu día entre FCC e a MANCOMUNIDADE SERRA DO BARBANZA e ten como finalidade a millora na prestación do servizo. Nos próximos días procederase á recepción de contenedores de 800 litros, 360 litros, vidro e pilas, tamén adquiridos con cargo á devandita Orde de 19 de decembro do 2019 e polo tanto subvencionados polo Fondo de Compensación Ambiental.