Acompañando a 86.000 habitantes no seu día a día para ofrecerlles a mellor calidade sobre os servizos xestionados.

A Mancomunidade Serra do Barbanza dentro do proxecto Implatación da compostaxe doméstica e comunitaria levará a cabo unhas xornadas divulgativas nos concellos de Noia e Porto do Son

A Mancomunidade Serra do Barbanza dentro do proxecto  Implatación da compostaxe doméstica e comunitaria (Expediente  R156.1) levará a cabo unhas xornadas divulgativas nos concellos de Noia e Porto do Son os días 12 e 13 de decembro de 2019.

As xornadas levaranse a cabo nos días seguintes:

CONCELLO DE NOIA:

  • DATA XORNADA:  xoves 12 de decembro de 2019 ás 18:00 h.
  • LUGAR: Salón de plenos do concello de Noia.

CONCELLO DE PORTO DO SON:

  • DATA XORNADA: venres 13 de decembro de 2019 ás 18:00 horas.
  • LUGAR: Casa da Cultura de Porto do Son.

O obxetivo das xornadas é a concienciación en materia de reciclaxe e a implantación da compostaxe doméstica e comunitaria. Deste xeito, a Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza quere apostar pola compostaxe doméstica como modelo complementario á xestión da materia orgánica xerada polos fogares e desta forma desenvolver unha experiencia que permita avaliar a posible implantación do modelo nos fogares unifamiliares dos Municipios da Mancomunidade.

Os participantes beneficiaranse das vantaxes que supón a compostaxe doméstica, entre outras a obtención dun fertilizante natural, compost, con excelentes propiedades para o xardín, hortos e terras de cultivo que, ademais permite facilitar o peche do ciclo completo da reciclaxe e a recuperación dos residuos orgánicos.

Nas mesmas entregarase aos asistentes de xeito gratuito composteiros/cubos aireados e daranse as indicacións oportunas para o seu uso. Realizarase un seguimento a través de visitas “porta a porta” aos fogares participantes co obxectivo de avaliar o grao de participación da veciñanza, liquidar dúbidas, corrixir malas prácticas e advertir dos erros máis comúns.