Acompañando a 86.000 habitantes no seu día a día para ofrecerlles a mellor calidade sobre os servizos xestionados.

Pequena guía de reciclaxe de residuos para principiantes

Reciclaxe

Dende a Mancomunidade Serra do Barbanza levamos máis de quince anos encargándonos da recollida de residuos e da súa xestión integral nos nove concellos da contorna. A concienciación en materia de reciclaxe é un dos nosos obxectivos ambientais coma institución, así que aquí vai unha pequena guía de reciclaxe para procesar os residuos dende a casa dun xeito sinxelo.

  • O contedor amarelo
    • O que vai nel: Os envases de plástico coma as botellas de auga ou o bote do iogur, os “bricks” coma os de leite e os envases metálicos coma unha lata de atún.
    • O que non vai nel: Todos os produtos que levan plástico pero mesturado con outros materiais. Por exemplo un pequeno electrodoméstico ou os cueiros.
  •  O contedor azul
    • O que vai nel: Todo tipo de papel; dende un libro ata un folleto. Os envases de cartón coma as caixas dos cereais ou de zapatos.
    • O que non vai nel: Produtos usados ou manchados coma os panos de mesa (servilletas) ou da man (pañuelos) usados. O papel de aluminio.
  • O contedor de vidro
    • O que vai nel: Botellas, frascos e tarros sen tapóns nin tapas.
    • O que non vai nel: Cristais rotos ou restos da vaixela (copas, pratos…), lámpadas e tubos fluorescentes.
  • O contedor de residuos orgánicos
    • O que vai nel: Refugallos orgánicos e residuos biodegradables coma a pel da froita, restos de carnes…
    • O que non vai nel: Non se pode confundir o contedor de orgánico co de restos, así que nel non irán cueiros, tiritas, polvo de barrer…
  • E o resto?
    Todo o que non se poida reciclar mediante un contedor específico. Restos de vaixela, obxectos de plástico que non vaian no amarelo, cueiros… Os residuos que por espazo ou perigosidade non se poidan meter nun contedor deberán levarse ao punto limpo. Por exemplo un electrodoméstico, o aceite, as lámpadas….