Acompañando a 86.000 habitantes no seu día a día para ofrecerlles a mellor calidade sobre os servizos xestionados.

Inaugúrase o espazo web que funcionará como punto de encontro para a Mancomunidade Serra do Barbanza

Máis de 86.000 residentes dos nove concellos que compoñen a Mancomunidade Serra do Barbanza poderán manterse informados e realizar trámites a través da nova web que habilita a institución como nova canle de comunicación entre a veciñanza e a institución.

Entre as funcionalidades que incorpora o portal destácase un Portal de Transparencia no que se inclúe información de carácter institucional, orzamentaria, estatística, de relevancia xurídica e máis. Así, a veciñanza terá un acceso sinxelo e directo a datos coma o custo dos servizos públicos, as subvencións, contratos ou as contas anuais da entidade supra-municipal.

Outras utilidades que os cidadáns poden atopar nesta nova web son un formulario de contacto directo ca Mancomunidade ou información sobre os servizos de recollida de lixo e de reciclaxe.

Ca estrea do portal constátase o compromiso desta institución cos residentes nesta agrupación composta polos concellos de Carnota, Lousame, Noia, Muros, Porto do Son e Brión que se completa ca adhesión de Pontecesures, Rois e Ames como concellos adheridos. O obxectivo último que persegue é favorecer a bidireccionalidade nas comunicacións, así coma o aumento da visibilidade da Mancomunidade Serra do Barbanza na sociedade galega.