Acompañando a 86.000 habitantes no seu día a día para ofrecerlles a mellor calidade sobre os servizos xestionados.

Continúa a execución do proxecto “Mellora da recollida separada de biorresiduos destinados ás instalacións de compostaxe do Complexo Ambiental de Barbanza”

A Mancomunidade Serra do Barbanza continúa coa execución do proxecto “Mellora da recollida separada de  biorresiduos destinados ás instalacións de compostaxe do Complexo Ambiental de Barbanza” (Expediente  R156.2) dentro da liña PIMA RESIDUOS.

Dentro do proxecto citado, financiado pola Oficina Española de Cambio Climático, estanse a levar a cabo diversas actividades encamiñadas á concienciación na importancia da reciclaxe como unha ferramenta para o cuidado do medio ambiente. Incídese na importancia da correcta separación e clasificación do refugallo, especialmente da fracción orgánica:

  • Charlas taller en diversos centros educativos
  • Charlas a profesorado
  • Reparto de cubos aireados e material publicitario, tanto nas charlas como nos propios concellos
  • Campañas divulgativas en medios informativos
  • Buzoneos

A execución do proxecto, dentro da subvención outorgada pola Oficina Española de Cambio Climático, continúa, esperando que a través da divulgación, logremos entre todos unha maior concienciación na importancia de cuidalo noso medio ambiente a través da correcta separación do refugallo.

Agradecemos a colaboración prestada polos diversos centros educativos, concellos e polo concesionario FCC e lembramos que SEPARAR E RECICLAR TODO É COMENZAR.