Acompañando a 86.000 habitantes no seu día a día para ofrecerlles a mellor calidade sobre os servizos xestionados.

Luís Oujo Pouso o novo presidente da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza

En base ao disposto nos Estatutos da Mancomunidade, unha vez finalizado o seu mandato rotatorio (nos estatutos recóllese que a presidencia exercerase de xeito rotatorio e por orde alfabética entre os alcaldes dos concellos de Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Porto do Son), o novo presidente da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza é D Luís Oujo Pouso, actual alcalde do concello de Porto do Son.

Exercerá o cargo, en substitución de D Santiago Freire Abeijón, dende o 01/03/2020 por un período dun ano prorrogable por outro máis.

A Mancomunidade agradece a labor levada a cabo estes dous últimos anos por D Santiago Freire Abeijón.