O próximo 17 de maio celébrase o Día Mundial da Reciclaxe para concienciar á poboación sobre a importancia de tratar os residuos como corresponden para protexer o medio ambiente.
Trátase de reducir o volume dos residuos xerados e minimizar a nosa pegada de carbono. Pódese resumir na regra das tres erres:
- Reducir: cando fagamos a compra, tentar adquirir produtos a granel, que teñan o mínimo envasado posible. Se é posible ningún. Usa bolsas de tea.
- Reutilizar: Dar unha nova vida ás cousas que xa non nos serven. Antes de tiralas ao lixo, pensa que che poden servir para outra cousa: botellas, bolsas e caixas de cartón poden ter varios usos e servir como maceteros, para decoración, construír cousas, etc.
- Reciclar: A maioría de materiais que utilizamos poden reciclarse. Isto depende das institucións e de nós mesmos. Por exemplo, a reciclaxe de 1.000 kg de papel salva a vida de 17 árbores.
Lembra, separa os residuos e deposítaos no contedor correspondente:
Contedor azul: Papel e cartón.
Contedor amarelo: Envases (botellas, bolsas, latas) Limpa antes os envases e, no posible, esmágaos para diminuír o seu volume.
Contedor verde claro: Vidro. Limpa antes os envases e quita as tapas.
Contedor verde escuro: Resto de residuos: materia orgánica.
E lembramos que SEPARAR E RECICLAR TODO É COMENZAR.