O pasado día 27, o Presidente da Mancomunidade, D Luís Oujo Pouso, fixo entrega á concesionaria FCC Medio Ambiente, representada polo Encargado do Complexo Medioambiental, Luís Fernández, dos novos contenedores. A entrega levouse a cabo no complexo medioambiental Serra do Barbanza.
Os contenedores foron adquiridos a través da subvención concedida pola Xunta de Galicia (ORDE do 19 de decembro de 2019, pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2020, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia, destinadas a Entidades Locais de Galicia da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia número 11 do 17/01/2020).
O Presidente recalcou a importancia de renovar o material existente para millorar a prestación do servizo, así como o feito de que os novos contenedores proveñen ao 100 % de material reciclado, e por tanto forman parte da economía circular.
En total entregáronse 922 contenedores cuio valor ascende a 81.279,80 € + ive:
- 115 contenedores de 800 litros.
- 640 contenedores de 360 litros.
- 23 contendores de vidrio de 3000 litros.
- 56 contenedores de papel de 3000 litros.
- 88 contenedores de pilas de 20 litros.
Ao acto asistiu tamén o representante da empresa que resultou adxudicataria do contrato (SULO IBÉRICA) Daniel Sánchez.

