Acompañando a 86.000 habitantes no seu día a día para ofrecerlles a mellor calidade sobre os servizos xestionados.

Programa educativo “O Lixo dende o teu concello”

A Mancomunidade Serra do Barbanza, como todos os anos, agradece a asistencia e a labor feita no Programa educativo “O Lixo dende o teu concello”, levado a cabo por parte da empresa FCC Medio Ambiente actual concesionaria do servizo, en colaboración con ADEGA.

O programa consistiu en 64 actividades (obradoiros, charlas e reunións nos concellos da Mancomunidade), que incidiron na importancia de realizar unha boa separación do lixo na súa orixe para o seu posterior tratamento. Trátase de fomentar a Reducción, Reutilización e Reciclaxe dos residuos 

Agradecemos a colaboración prestada e lembramos a importancia de SEPARAR PARA RECICLAR.